viernes, 30 de mayo de 2008

Última entrada

Deixei moitos anos de palillar e logo caseime , puxen o súper e tamén non podia polo traballo que tiña e palillaba algo para casa e gustábame moito ,é moi entretenido e tamén esto quere costume senón doe moito o pescozo e a columna pero a veces collo algo .
Vendelo por internet pois sería unha boa cousa porque hoxe faise moito por este medio de comunicacion .

martes, 27 de mayo de 2008

Porque desapareceron as palilladas ?

Pois os tempos cambiaron e saíron outros traballos que se gañaba máis diñeiro e moita xente saíu para os paises europeos onde de emigraba : Francia , Alemania , Reinounido e moitos máis .

viernes, 23 de mayo de 2008

As palilladas

As palilladas de antes facíanse nas casas , nunha sala con varias mulleres sentadas no chan e as almofadas apoiadas nun banco cas cornas . A señora , a xefa poñíalle a "tarea" e se non a facían ata o seu tempo tiñan que estar ata máis tarde . No tempo de entroído os homes petaban na porta e dicían "lus-lus" e abrianlle a porta e todos a bailar coa pandeireta que era o único instrumento que tiñan .
Os homes ían namorar á palillada ás mulleres xa que despois de facer a tarefa , recollían o banco e coa pandeireta quedaban a bailar todos .


jueves, 22 de mayo de 2008

A miña infancia cos palillos

Chámome M.Carmen Carril Pasantes , nacida en Camariñas na rúa das Damas .
A min eninoume a palillar unha tía chamada Milucha cando eu tiña catro anos e fíxome a almofada dunha tea que se usaba para facer as velas das "javarras"(un barco que se usaba na ría para carrexar pinos) que facía meu avó Claudino .
Aos cinco anos empecei a palillar na palillada da falange e estuven nela ata os nove anos solo polas tades e dábannos a merenda : un bolo e chocolate e tamén nos daban queixo pero ese día eu só comía o bolo . A palillada era onde hoxe está no bar san remo .Era unha casiña ,no baixo traballaba un barbeiro chamado Vicente de Varela e no piso de arriba era a palillada e pasábamolo moi ben . Quedáronme moitos recordos da infancia pero saín de esta porque pagaban pouco . Recordo que as mestras chamábanse Mari Carmen e Lena .A veces dábannos chocolate feito de taza e tiñamos que levar a taza e a cuchara da casa . Montábamos un furuallo criminal cos aparellos estes .