jueves, 22 de mayo de 2008

A miña infancia cos palillos

Chámome M.Carmen Carril Pasantes , nacida en Camariñas na rúa das Damas .
A min eninoume a palillar unha tía chamada Milucha cando eu tiña catro anos e fíxome a almofada dunha tea que se usaba para facer as velas das "javarras"(un barco que se usaba na ría para carrexar pinos) que facía meu avó Claudino .
Aos cinco anos empecei a palillar na palillada da falange e estuven nela ata os nove anos solo polas tades e dábannos a merenda : un bolo e chocolate e tamén nos daban queixo pero ese día eu só comía o bolo . A palillada era onde hoxe está no bar san remo .Era unha casiña ,no baixo traballaba un barbeiro chamado Vicente de Varela e no piso de arriba era a palillada e pasábamolo moi ben . Quedáronme moitos recordos da infancia pero saín de esta porque pagaban pouco . Recordo que as mestras chamábanse Mari Carmen e Lena .A veces dábannos chocolate feito de taza e tiñamos que levar a taza e a cuchara da casa . Montábamos un furuallo criminal cos aparellos estes .

No hay comentarios: